Ana Pontón, propón a incorporación do servizo de psicoloxía clínica na atención primaria

Ana Pontón, reclamou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que a desenvolva medidas reais para solucionar os problemas da sanidade pública, medidas como a incorporación do servizo de psicoloxía clínica na atención primaria que propón o BNG. “É indecente e, sobre todo, é cruel, porque estamos falando da atención á saúde mentaldas persoas e con iso o Partido Popular non debería nin xogar, nin facer propaganda”,recalcou Pontón logo da reunión que mantivo con representantes do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia e do Movemento Galego de Saúde Mental.