Cando o dó comeza en vida

A recomendación desde a psicoloxía é atravesar este momento centrándose no presente e aportando todo o posible ao coidado, á dignidade e á tranquilidade do paciente. «Hai unha parte de negociación, de pensar que igual aínda se pode facer algo, que igual hai algún remedio. Esta sensación pode ser potente e a veces xeneranos falsas expectativas, que, por outro lado, poden ser necesarias para continuar», señala Carmen González, membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG.