"Celos 3.0 : O detective vai nun peto"

Deteñen e logo deixan en liberdade a un mozo por instalar unha "aplicación espía" no móvil da súa parella. Galicia xa rexistra casos de suplantación de identidade en Facebook.

"É un control invisible pero de un grado superior: totalmente invasivo", indica Concepción Rodríguez Pérez, vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.