Entrevista no programa "A revista" da TVG a José Antonio Varela Alonso, psicólogo do Programa de Mediación Intraxudicial en Ourense.
A mediación intraxudicial é a que se leva a cabo unha vez iniciado o proceso xudicial no ámbito familiar. É un proceso máis flexible e creativo.
Son todo vantaxes con ela, sobre toda cando se trata dunha ruptura familiar con fillos menores. Hoxe na Revista gustaríanos afondar un pouco neste tema e por iso convidamos o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e un psicólogo que se dedica á mediación, Xosé Antonio Varela.