Con motivo do Día Mundial para a eliminación da violencia contra a muller, Fegamp publicou a súa declaración institucional xunto co Decálogo Polo bo Trato no que participou o COPG na súa redacción.
Decálogo Polo Bo Trato:
1. Empregamos linguaxe libre de connotacións sexistas.
2. Integramos a perspectiva de xénero nas nosas decisións.
3. Difundimos unha imaxe non sexista da muller.
4. Traballamos a prevención da violencia machista e os valores de igualdade e respecto entre toda a poboación, especialmente a mais nova.
5. Fomentamos a ética e a corresponsabilidade nas tarefas e no coidado, tanto de menores como de persoas dependentes.
6. Identificamos e emendamos as posibles deficiencias que atopemos a nivel municipal na loita contra a violencia cara ás mulleres.
7. Respectamos a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e a igualdade de oportunidades no cadro de persoal.
8. Promovemos a representación equilibrada de mulleres e homes en todos os ámbitos de actuación municipal.
9.Rexeitamos a contratación de actividades nas que se fomente unha imaxe sexista da muller.
10. Prestamos especial atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade.

