A falta de aposta pola psicoloxía clínica na sanidade pública é un síntoma de atraso

O Colexio oficial de Psicoloxía de Galiza volveu alertar recentemente do “abandono da atención psicolóxica no sistema público de saúde”. En Sermos Galiza entrevistan á decana do COPG, que afirma que no escenario actual "ou tes recursos para ir a unha consulta privada, ou a psicoloxía na sanidade pública é inaccesíbel na práctica”.