Máis de 50 maiores desaparecen desde o 2013, 15 morreron e de 8 non se sabe nada

A psicóloga, María Lueiro Mendoza, vogal da Sección de Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, comenta as posibles causas de que cada vez máis persoas maiores desaparezan ou se extravían, e aporta varias pautas de como actuar e previr estas situacións.