Mañá inaugúrase a exposición de pintura da psicóloga de Encarna Álvarez Gallego no COPG

Mañá martes 23 de xaneiro ás 19.30 horas inaugurarase a mostra de pintura “Puntadas anónimas” da artista e psicóloga colexiada Encarna Álvarez Gallego na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Nela poderanse contemplar varias obras que se instalarán no interior do Colexio; trátase de cadros nos que emprega tecidos procedentes da actividade de costura familiar, retallos que recolleu da súa nai, costureira, á que homenaxea con esta mostra.