O BNG reclama máis profesionais e recursos para a saúde mental en Galicia

Ana Pontón, portavoz nacionalista do BNG, tras reunirse con especialistas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e do Movemento Galego de Saúde Mental, manifestou a súa preocupación pola atención á saúde mental no Sergas. Pontón declarou na roda de prensa deste venres, que os recursos asistenciais especificos para a saúde mental "están baixo mínimos".