Miguel Anxo García Álvarez, o que fora responsable do Comité Ético do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, responde sobre o caso de Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade dexenerativa irreversible. O psicólogo asegura que a lei que aprobou para este tipo de situacións a Xunta de Galicia axustase á perfección ao caso de Andrea. Sen embargo, cando Gonzo lle pregunta por qué existen estas diferenzas entre o servizo médico e a familia, Miguel Anxo contesta que "o sistema sanitario ten inercias na concepción da relación médico-paciente que persisten por moitas razóns".
Entrevista no programa "El Intermedio" de La Sexta. 05-10-2015 [accede á web]