O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia denuncia o desleixamento do Goberno autonómico á saúde mental

O psicólogo clínico, Santiago Lago Canzobre membro da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, fala nunha entrevista para Radio Voz sobre o desinterese para o Goberno Autonómico sobre a saúde mental, o aumento da taxa de suicidios e o incremento no consumo de antidepresivos.