O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fai fincapé no tratamento de alteracións condutuais en persoas con dano cerebral adquirido

Os vindeiros días 19 e 20 de febreiro o COPG, acolle na súa sede compostelá un curso sobre avaliación e programas de intervención neuropsicolóxica en alteracións condutuais e emocionais derivadas do dano cerebral adquirido.