O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra que a dominación e o control, son as manifestacións máis comúns de violencia machista

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, lembra que a dominación e o control da parella son dúas das manifestacións máis habituais da violencia contra a muller e a vía de inicio de maltrato psicolóxico e físico. O COPG, considera preciso facer esta afirmación, a raíz da polémica suscitada pola curtametraxe promocional da empresa El Corte Inglés titulado "Equis o corazón", para a súa campaña de San Valentín, que constitúe un magnífico exemplo do que é a dominación e o control nas parellas, unha das manifestacións máis habituais da violencia de xénero.

Galiciadiario.com 11-02-2016 [accede á web]