O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participa no programa "A porta aberta" da TVG

O programa "A Porta Aberta" da TVG quixo coñecer o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en profundidade, e ver como se atopa a profesión da psicoloxía na nosa comunidade. Desde este programa dáse a coñecer e poñen en valor ante a sociedade xeral diferentes asociacións e entidades socias de todo tipo, como os colexios profesionais ou sindicatos, da Comunidade Galega.

Ao longo do programa explícase o funcionamento e cales son os obxectivos principais e retos que se plantexan de cara ao futuro desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. En representación do COPG participaron neste programa a decana, Mª Rosa Álvarez Prada, o vicedecano, Hipólito Puente Carracedo, a vicesecretaria, Mª Carmen González Hermo e o vogal José Berdullas Barreiro.

No transcurso do programa desde o Colexio pretendemos aportar visibilidade á profesión e explícamos o que desde a psicoloxía lle podemos aportar a sociedade desde todos os seus ámbitos: educativa, social, clínica, recursos humanos e xurídica. Solicitamos unha atención psicolóxica garantizada para toda a poboación que o precise, sendo unha profesión que debe estar presente na sociedade e nos servizos públicos para a prevención e benestar da saúde mental. A sociedade descoñece en moitas ocasións todo o que lle pode aportar a psicoloxía, tanto a nivel de prevención como de tratamento ante condutas e trastornos que interfiren nas relacións cos demais. Nestes momentos os ámbitos nos que é máis urxente actuar son o ámbito educativo e sanitario, nos que existe unha carencia estrutural que se debe corrixir e na que o COPG fai unha demanda social para a súa mellora.

Podes visualizar o programa completo no seguinte enlace.