O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclama a incorporación de profesionais nos centros educativos

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), María Rosa Álvarez Prada, reuniuse co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, para trasladar a crecente preocupación pola situación emocional do alumnado e pola falta de recursos especializados nos centros educativos.