O COPG renovou os convenios que mantén coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, para a atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero, e complementariamente para as súas fillas e fillos e peroas dependentes, así como para o programa Abramos o Círculo, dirixido a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar. Este mércores 20 de abril asinaron os convenios a decana do Colexio, Mª Rosa Álvarez Prada, xunto coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.