O COPG avoga porque sexan os especilistas clínicos quen decidan a terapia axeitada para os seus pacientes

Despois de que anunciasen dende a Xunta a posibilidade de crear unha redes de profesionais da psicoloxía para dar atención a través de consultas grupais no Sergas, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia mostrou o seu descontento ca medida xa que non solventa o problema actual da falta de psicólogos/as clínicos/as. Desde o COPG estímase que o despregue efectivo da Psicoloxía Clínica na Atención Primaria requirirá un mínimo de 100 profesionais especialistas, unha cifra orientativa que deberá adaptarse ás necesidades territoriais e organizativas”. José Berdullas, membro da Xunta de Goberno do COPG sinala que “Non hai que avaliar a importancia da terapia grupal, é certo que nun mesmo espazo sepode atender a máis xente, e iso pode ser bo. O que hai que apuntar é que cada psicólogo ou psicóloga clínica será quen decida os pacientes que corresponda atender nunha terapia grupal".