O goberno chino pretende eliminar os sentimentos negativos, como a tristeza, das redes sociais. José Berdullas, psicólogo e vogal da xunta de goberno do COPG, advirte que reprimir o malestar pode ter un efecto contrario. «A expresión do malestar pode contaxiarse, e esa expresión colectiva é a que pode provocar cambio social, xusto o que os réximes autoritarios temen».
Berdullas confía en que «o ser humano sempre atopa formas de eludir os filtros. É incrible. A humanidade acaba saíndo á luz».

