Xacobe Abel Fernández García, presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, expón no Faro de Vigo o novo paradigma que se presenta no mundo da atención psicolóxica ca intelixencia artificial.
Hoxe en día moitas persoas na nosa sociedade ven a IA como unha alternativa accesible. Xacobe Fernández, especialista en psicoloxía clínica, veo así: "Todas as persoas buscan recursos para sentirse mellor. Antes acudíase a foros de internet ou a contas de gurús; hoxe a intelixencia artificial é un recurso máis nesa búsqueda".
Aínda que Xacobe indica que o alivio que produce a IA é superficial. "Se chegas angustiado, seguramente che de técnicas de relaxación ou recomendacións para estar máis tranquilo, pero difícilmente vaias a entender de onde xurde esa angustia nin che vai a confrontar para ir máis alá".

