O PP rexeita un plan de prevención de suicidios trala alerta da oposición dun aumento do 30% desde o 2008

O PPdeG votou en contra de unha moción do PSdeG apoiada polo resto da oposción, na que se demandaba a Xunta de Galicia a elaboración no primeiro semestre do 2016 de tres plans galegos de saúde mental, prevención en suicidios e sobre condutas aditivas.

No pleno do Parlamento Galego, a diputada do PSdeG Carmen Acuña, demandou a creación dun plan galego de saúde mental, esixindo cumprir cos ratios de profesionais recomendadas, incorporar psicólogos clínicos entre outros cuestións.