O presidente de Protección Civil de Meis e bombeiro do Salnés, Jorge Fariña, faleceu este luns cando participaba nunhas probas na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), na Estrada. Ata o lugar desprazáronse tres psicólogos do GIPCE, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para prestar atención aos compañeiros do falecido.