O tratamento xudicial da violencia machista, a análise a próxima semana no Parlamento Europeo

Baixo o título "O sesgo machista na aplicación das políticas: O caso da xustiza", a xornada de análise terá lugar o mércores 18 de novembro, durante todo o día, e reunirá en Bruxelas a representantes de diferentes colectivos e mulleres do eido da Psicoloxía e do Dereito.