"Os nenos pensan movéndose, non cunha pantalla"

Tras o trailer do próximo filme de Toy Story, podemos ver que no 2025 a ameaza xa non é un xoguete mellor nin o ritual da adolescencia. É unha pantalla que retén toda a atención. A película señala a pantalla como elemento disruptivo do xogo na infancia.

Ana Belén Montesa Lou, vicepresidenta da Sección Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expón que "a chegada da tecnoloxía está supoñendo un risco maior para os máis vulnerables, que son os menores. As consecuencias do seu uso non son as mesmas en toda-las idades. Hai periodos críticos do desarrollo cerebral e da personalidade, nos que o cerebro está en obras e a mente en construcción".