Os psicólogos e psicólogas de Galicia organizan un gran congreso en Santiago

Este mércores, 2 de marzo ás 12 horas, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presenta aos medios de comunicación o III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia "Camiños da Psicoloxía". Trátase do maior encontro profesional da psicoloxía na nosa Comunidade tras a última edición deste Congreso, celebrada en 1991.