Polo Día Mundial da Saúde Mental, La Voz de Galicia, analiza como foi cambiando o panorama do tratamento da saúde mental ao longo das décadas.
"A saúde mental non é un estado de benestar completo, nin un estado de felicidade. Significa vivir unha vida relativamente normal, con eses momentos agradables e desagradables que un pode, por si só ou coa axuda dos que o rodean, afrontar adecuadamente", subraia José Berdullas Barreiro, vogal dea Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e Coordinador da sección Psicoloxía e Saúde.

