O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrará a semana próxima unha xornadas en Lugo nas que debatirán sobre identidade e personalidade. Organízaas a Sección de Psicoloxía e Saúde e foron presentadas onte nun acto no que participaron a presidenta do comité científico, Mercedes Castro Bal; a do comité organizador, Delia Guitián; a diputada de Educación, María Loureiro e a alcaldesa, Lara Méndez.