A personalidade e a identidade centras as XX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde

O 12 de novembro presentouse no Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, a cita anual máis relevante para o colectivo da psicoloxía galega vinculado á saúde: o vindeiro xoves 19 comeza en Lugo a vixésima edición das Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que durarán ata o sábado 21. Nesta edición levan por título "Identidade e personalidade: de que estamos a falar?" e terán como lugar de celebración o propio Pazo de San Marcos da capital lucense.

Deputación de Lugo 12-11-2015 [accede á web] 
Stadio Sport 13-11-2015 [accede á web]