A psicóloga Iria Calleja, vogal da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, considera que a xente nova encontrará outras vías para crearse un perfil. «Tanto nas escolas como nas familias temos que dotarlles das ferramentas cognitivas para saber interpretar de forma críticao que están recibindo», precisa a experta, quen recorda que as redes supoñen tantos perigos como oportunidades.

