Reclaman a presenza de psicólogas educativas nos centros de ensino

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza mañá a xornada "Psicoloxía na escola xa", unha cita coa que busca reivindicar a "imperiosa necesidade de que se incorpore a figura da psicóloga ou psicólogo educativo a todos os centros de ensino".