Reunión da Mesa de Traballo de Desafiuzamentos da que sairá un protocolo de actuación "trasparente, claro e garantista"

A Concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presidiu a primeira xuntanza da Mesa de Traballo de Desafiuzamentos, da que sairá un protocolo de actuación para actuar neste tipo de casos. Na primeira convocatoria participaron os colexios profesionais de Traballo Social, Avogacía e Psicoloxía, os concelleiros de Políticas Sociais dos concellos de Ames, Teo e Santiago e o colectivo Stop Desafiuzamentos.