O xerente do Servizo Galego de Saúde destaca que as contas da Xunta de 2026 permitirán contratar a 21 novos profesionais da psicoloxía clínica para atención primaria. Así o indicou na inauguración das XXX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que tivo lugar na Facultade de Psicoloxía da USC.

