«Unha persoa que está agotada no pode recoller, aínda que teña tempo»

Moitas patoloxías da saúde mental poden facer que sexa difícil manter os espazos limpos e ordenados, pero a súa vez, esta desorganización tamén acentúa a ansiedade e pode agravala. A nivel psicolóxico , as tendencias aos extremos da organización ou do caos poden convertirse en síntomas que indican que algo nos está acontecendo.

«Hai moitos factores polo medio. Cando alguén non ordena, pode deberse á falta de tempo, á falta de gañas ou á falta de capacidade. Porque unha persoa que está tremendamente agotada non pode poñerse a facer cousas básicas que noutro momento podería facer, aínda que teña tempo», explica o psicólogo Xacobe Abel Fernández García, membro da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía deGalicia (COPG).