A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia analizan distintos ámbitos de cooperación conxunta

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vicepresidente da Xunta de Galicia en funcións, Alfonso Rueda , mantiveron unha xuntanza onde abordaron diferentes temas en común e analizaron as necesidades e dispoñibilidades orzamentarias con respecto ao vindeiro ano.