División de Psicoloxía da Intervención Social

A División de Psicoloxía da Intervención Social (PISoc) foi creada polo Consejo General de la Psicología para unificar, a nivel nacional, o ámbito profesional de intervención que lle é propio. O obxectivo que persegue é coordinar, integrar e desenvolver as actividades científico-profesionais das persoas colexiadas especializadas na devandita área.

En síntese, o que busca é unha optimización dos recursos dispoñibles e unha mellora constante dos coñecementos e competencias profesionais, para o/a colexiado/a profesional da área, co fin de ofrecer e garantir un servizo de calidade para a sociedade, potenciando, ademais, a acreditación das competencias profesionais na materia.

A División tamén desempeñará a función de asesoramento ante os diferentes Órganos de Goberno do Consejo General de la Psicología, en todas aquelas cuestións relativas a ese ámbito disciplinar.

Poderán ser membro da División os/as colexiados/as que estean interesados/as e cumpran os requisitos establecidos. Para ser membro Ordinario os requisitos son:

- Estar colexiado/a.

- Presentar a solicitude de incorporación pertinente (que figura en http://www.cop.es/index.php?page=PSoc-formulario).
- Satisfacer a cota de inscrición, se a houbese (Non é necesario, ata a consolidación do funcionamento da División, aboar ningunha cota de inscrición).

- Non estar incurso en sanción que leve aparellada a súa inhabilitación no Colexio.

MÁIS INFORMACIÓN