O 10 de decembro de 2013 tivo lugar o acto entrega dos premios do VI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”. A Decana, Mª Rosa Álvarez Prada, o Vicedecano, Hipólito Puente Carracedo e a Vogal da Xunta de Goberno e Coordinadora da Comisión de Cultura, Concepción Rodríguez Pérez, fixeron entrega dos galardóns ás persoas gañadoras desta edición, Azucena Arias Correa na modalidade de poesía coa obra “Silencio cómplice” e Carlos Méndez Leiz na modalidade de narrativa coa obra “Cobiza”.
De seguido deuse paso a un espazo de lectura de diversos textos literarios, propios ou doutros autores/oras, por parte dos asistentes que así o desexaron. O acto estivo amenizado coa actuación musical de Alba Rodríguez.