O martes 1 de decembro de 2015, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fixo entrega na súa sede de Santiago de Compostela dos premios do VIII Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas".
Na modalidade de poesía, a galardoada este ano é María A. Rey Torrente, mentres que na categoria de narrativa, a autora recoñecida é Gisela Mato Rivera. Será a decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, quen fará entrega do recoñecementos, acompañados dun premio en metálico para cada modalidade e da tradicional rosa conmemorativa. As gañadoras deron lectura as súas obras para as persoas asistentes, e posteriormente tamén deron lectura a uns textos Iolanda Aldrei e Concha Rousia.
A decana, Mª Rosa Álvarez Prada, o vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, e a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG e vogal da Xunta de Goberno, Concha Rodríguez Pérez, fixeron entrega dos galardóns ás persoas gañadoras desta edición.