AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Entrega de premiosVII Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas"

O 2 de decembro na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia tivo lugar a entrega de premios do VII Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas".

A decana, Mª Rosa Álvarez Prada, o vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, e a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG e vogal da Xunta de Goberno, Concha Rodríguez Pérez, fixeron entrega dos galardóns ás persoas gañadoras desta edición, Ramón Sandoval Pérez na modalidade de poesía e Raquel Couto Antelo na modalidade de narrativa.

De esquerda a dereita, Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG, Ramón Sandoval Pérez, Raquel Couto Antelo e Hipólito Puente Carracedo, Vicedecano do COPG.
De esquerda a dereita, Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG, Ramón Sandoval Pérez, Raquel Couto Antelo e Hipólito Puente Carracedo, Vicedecano do COPG.
Momento do acto
Concepción Rodríguez Pérez, coordinadora da Comisión de Cultura e vogal da Xunta de Goberno do COPG
Momento da entrega do premio a Raquel Couto Antelo
Momento da entrega do premio a Ramón Sandoval Pérez
Momento da entrega do premio a Ramón Sandoval Pérez
Momento do acto
Lectura de Raquel Couto da súa obra
Lectura de Ramón Sandoval da súa obra