AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Galería

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa Galería de Sargadelos de Santiago de Compostela, celebrou un acto o 25 de novembro de 2015, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

  • De esquerda a dereita: Mª Rosa Álvarez Prada, Decana do COPG e Socorro Rodríguez Holguín, Decana da Facultade de Psicoloxía da USC
  • A Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, no momento da lectura da Declaración Institucional
  • A Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, no momento da lectura da Declaración Institucional

O 11 de marzo, organziada pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrouse a Conferencia sobre o manual “La salud mental de las mujeres: La psicoterapia de equidad feminista”, impartida por Soledad Muruaga, Psicóloga e Presidenta da Asociación de Mujeres para la Salud (Madrid) e Pilar Pascual, Psicólogoa e Coordinadora Terapéutica

  • Cartel informativo sobre a conferencia
  • Momento da conferencia
  • Momento da conferencia