O 31 de maio iniciamos o ciclo de conferencias en primeira persoa co que queremos visibilizar e dar a coñecer o traballo realizado por profesionais da Psicoloxía de Emerxencias de diferentes zonas de España en situacións de emerxencia de alto impacto na poboación.
O 28 de outubro tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o 5º Encontro das Policías Locais de Galicia organizado pola Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia (AXEMPOL).

