Galería

Tres integrantes do GIPCE participaron o 5 de novembro, nun simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Alvedro.

  • simulacro

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou a Xornada “Recursos eficaces na prevención das adiccións sen substancia desde a psicoloxía educativa”, no Salón de Actos do COPG o mércores 4 de decembro de 2019 en horario de tarde.

  • Momento da xornada
  • Momento da xornada
  • Momento da xornada

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) organizou un almorzo de traballo para coñecer a incidencia da e-Administración e a Seguridade Informática na práctica profesional, e que se celebrou na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o sábado día 30 de novembro de 2019.

  • Momento da sesión
  • Momento da sesión
  • Momento da sesión

Os días 14, 15 e 16 de novembro de 2019, celebráronse en Tui ás XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia en Tui-Paramos”.

  • Comité organizador e científico
  • XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde
  • Momento do obradoiro

A Comisión Coordinadora do Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou as IV Xornadas Galegas de Psicoloxía do Tráfico e Seguridade “A Mobilidade e a seguridade das persoas no S. XXI” os días 8 e 9 de novembro de 2019

  • Presentación das IV Xornadas
  • Presentación das IV Xornadas
  • Presentación das IV Xornadas

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso “Avaliación e intervención en conduta suicida”, na Facultade de Psicoloxía de Santiago da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Momento do curso
  • Momento do curso
  • Momento do curso

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso “Mellorando os resultados en psicoterapia: Principios terapéuticos baseados na evidencia”, e que se celebrou no Salón de Actos do COPG os días 20 e 21 de setembro de 2019.

  • Momento do curso
  • Asistentes ao curso
  • Momento do curso

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e a Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, orgnizaron o foro “ENVELLECEMENTO E TRABALLO: A XESTIÓN DO CAMBIO DEMOGRÁFICO”,  o pasado día 19 de outubro no salón de actos do COPG. 

  • Asistentes ao foro
  • Momento do foro
  • Momento do foro

Páxinas