Galería

Nos 25 anos de historia do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia realizáronse máis de 40 intervencións en centros educativos, por iso quixemos compartir a nosa experiencia participando nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa "Psicoloxía Educativa, sempre emocionando" que se celebraron na Facultade de Psicoloxía

  • I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa
  • I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa

O 24 de setembro realizouse unha formación sobre conduta suicida en curso coa experta en Psicoloxía de emerxencias Teresa Pacheco Tabuenca. Durante este curso poidemos coñecer as últimas estadísticas sobre o suicidio, os factores de risco, as características da conduta suicida, os factores protectores e, por suposto, as pautas de actuación ante estas situacións de emerxencia.

  • Asistentes ao curso "Avaliación e intervención en crises suicidas"
  • De esquerda a dereita: Teresa Pacheco Tabuenca e Olegaria Mosqueda Bueno
  • Asistentes ao curso "Avaliación e intervención en crises suicidas"

Dende o 30 de marzo o GIPCE está participando no dispositivo de atención sanitaria á poboación refuxiada procedente de Ucraína que se está levando a cabo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

  • Debuxos realizados polos nenos e nenas desprazados de Ucraína
  • Nenos/as de Ucraína debuxando
  • Chaleco do GIPCE co saludo en ucraniano

Durante os meses de marzo e abril de 2022 impartíronse na Acaddemia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada tres edicións do Curso «Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias», dirixidos a voluntarios de Protección Civil e bombeiros.

  • Momento do curso na AGASP

O conflito bélico de Ucraína está provocando o desprazamento da súa poboación cara o noso país en busca de condicións de seguridade. Ante esta situación os e as profesionais de saúde mental precisamos ter habilidades e recursos que nos permitan previr, protexer, promover e restablecer a saúde mental das persoas desprazadas co fin de restaurar o seu benestar psicosocial.

  • Masha Asieieva e José Mª Freire
  • José Mª Freire
  • Momento do curso

O sábado 5 de febreiro de 2022, celebrouse a xuntanza anual das xefas de garda do GIPCE, que grazas ao seu traballo garanten a atención das emerxencias as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

O 21 de xaneiro levouse a cabo un simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Peinador, Vigo, donde participaron varias persoas membro do GIPCE.

 

  • simulacro peinador

Galería 2021 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Páxinas