Galería

A gipce e membro da Comisión Coordinadora Mª Carmen González Hermo impartiu o 28 de febreiro un seminario sobre Intervención psicolóxica con colectivos vulnerables en emerxencias para alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía da USC, especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria.

A nosa compañeira Concepción López Martín impartiu o 20 de febreiro un seminario de dúas horas de duración para o alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía, especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria da Universidade de Santiago de Compostela.

Dentro do plan formativo anual para os integrantes do GIPCE o 22 de marzo de 2025 realizouse unha xornada técnica para revisar unha situación de intervención complexa do GIPCE. Neste caso a formación centrouse nunha intervención con morte por violencia de xénero acontecida uns anos antes.

O 1 de marzo tivo lugar a xuntanza anual de xefas de garda do GIPCE. O grupo de xefas de garda está formado por 15 integrantes veteranas do grupo de intervención GI-112 con ampla formación e experiencia que se fan cargo de recibir as chamadas do 112 e de xestionar os dispositivos ante as emerxencias.

O 23 de novembro celebrouse na Facultade de Psicoloxía o curso "A ética psicolóxica de emerxencias.

Desde o Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) do GIPCE impartiuse a formación "A importancia do silencio nas intervencións" en formato webinar para psicólogos e psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Colexio Oficial de Psicoloxía das Illas Baleares.

O 19 de outubro o Colexio Oficial de Psicoloxía do Principado de Asturias celebrou a súa VIII Xornada de Intervención Psicolóxica en Emerxencias, adicada nesta ocasión á Intervención Psicolóxica en Accidentes de Tráfico e dirixida a diferentes profesionais do ámbito das emerxencias que poden estar implicados na atención inmediata en accidentes de tráfico.

Este 15 de outubro a gipce Elsa Rodríguez Viñas participou na Xornada de Prevención de Riscos Psicosociais organizada pola Confederación de Empresarios de A Coruña cunha conferencia sobre Primeiros Auxilios Psicolóxicos.

A coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez Rubines, impartiu o pasado 30 de Agosto a conferencia maxistral «Autolesións na adolescencia, como enfrontalas?» dentro do 4º Congreso Internacional e 5º Simposio Nacional sobre a Prevención do Suicidio e Promoción da Saúde Mental en Nenas, Nenos, Adolescentes e Grupos Vulnerables celebrado en formato presencial desde a Universidade La Salle Nezahualcóyotl

O GIPCE volveu a colaborar este ano co Proxecto Mentoring xestionado dende a Área de Orientación Laboral da USC, que este ano chega á súa novena edición e que busca mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral do estudantado e persoas tituladas recentemente, achegándolles á oportunidade de establecer contacto con profesionais de campos afíns aos seus estudos.

  • Foto de grupo (imaxe: Santi Alvite)

Páxinas