Colaboración coa novena edición do Proxecto Mentoring USC - Desenvolvemento Profesional

O GIPCE volveu a colaborar este ano co Proxecto Mentoring xestionado dende a Área de Orientación Laboral da USC, que este ano chega á súa novena edición e que busca mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral do estudantado e persoas tituladas recentemente, achegándolles á oportunidade de establecer contacto con profesionais de campos afíns aos seus estudos. Os mentores e mentoras compartiron co alumnado coñecementos da súa área de traballo e información sobre alternativas profesionais, ademais de clarificarlles dúbidas sobre a profesión elixida, ofrecerlles apoio para a definición do obxectivo profesional, itinerarios formativos e facilitarlles coñecementos específicos e prácticos sobre a profesión.

Entre os meses de marzo a xuño dende o GIPCE mentorizamos a un alumno do Máster Universitario en Psicoloxía especialidade Intervención Social e Comunitaria.

O 28 de xuño tivo lugar o acto de clausura do Proxecto Mentoring no salón de actos do Colexio de Fonseca, que foi presidido pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e no que tamén participaron Eva Iglesias López, estudante do mestrado en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, e Marcos Rebollar Buján, xerente en Areté Gestión de Personas.

Foto de grupo (imaxe: Santi Alvite)