A coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez Rubines, impartiu o pasado 30 de Agosto a conferencia maxistral «Autolesións na adolescencia, como enfrontalas?» dentro do 4º Congreso Internacional e 5º Simposio Nacional sobre a Prevención do Suicidio e Promoción da Saúde Mental en Nenas, Nenos, Adolescentes e Grupos Vulnerables celebrado en formato presencial desde a Universidade La Salle Nezahualcóyotl de México e en formato virtual. A conferencia foi seguida virtualmente por máis de 240 asistentes de diferentes países.
Este Congreso, que xa alcanza a súa cuarta edición internacional, é organizado desde México pola Fundación Preven A.C., a Universidade La Salle Nezahualcóyoti e FEMACPE SALUD.