Seminario do GIPCE no Máster de Psicoloxía da USC

Concepción López Martín, integrante do GI-112 e da Comisión Coordinadora do GIPCE, impartiu o seminario "Funcionamento do GIPCE e intervención con menores" este 7 de marzo ao alumnado da materia optativa "Intervención psicosocial en emerxencias e catástrofes" do Máster Universitario de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Durante as dúas horas de duración do seminario, Concepción López expuxo a organización e o traballo que se realiza desde o GIPCE nas emerxencias que se producen na nosa comunidade autónoma. Tamén fixo fincapé cunha metodoloxía práctica nos aspectos específicos que debe ter a intervención con menores.