Participación na V Xornada de Actualización en Saúde Mental en Emerxencias e Desastres 2025

A Unidade de Saúde Mental da SEREMI de Saúde de Tarapacá (Chile) desenvolveu o 16 de outubro a V Xornada de Actualización en Saúde Mental en Emerxencias e Desastres 2025 en colaboración con SENAPRED, Hospital de Alto Hospicio, APS Iquique, APS Alto Hospicio, UST, UNAP, UTA, RIPE (Rede Internacional de Psicoloxía de Emerxencias), Consejo General de la Psicología de España e Psicofundación.

Esta xornada constituiu un espacio técnico de actualización e articulación intersectorial para fortalecer respostas en saúde mental e apoio psicosocial ante eventos críticos. Contou coa participación de equipos de saúde, xestión de risco, educación, municipio e sociedade civil para compartir boas prácticas, ferramentas de intervención temprana e coordinación en rede.

A coordinadora do GIPCE Ana Mª Núñez participou coa conferencia “Intervención psicolóxica no naufraxio do barco pesqueiro Villa de Pitanxo” na que ademáis dos aspectos técnicos da intervención expuxo as leccións aprendidas.