O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa Galería de Sargadelos de Santiago de Compostela, celebrou un acto o 25 de novembro de 2015, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía , Mª Rosa Álvarez Prada, deu lectura a Declaración Institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para posteriormente continuar co recital poético "VoZes contra a Violencia" no cal participaron Cruz Martínez, Iolanda Aldrei, Marilar Aleixandre, Rosanegra e Concha Rousia.