O Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas dee Galicia organizou conxuntamente a Xornada “Información e sufrimento humano”, que se celebrou o pasado día 3 de outubro de 2017, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (Avda. de Castelao, s/n. - Campus norte. 15782 Santiago de Compostela).
Ao abeiro da xornada desenvolveuse unha mesa redonda na que participaron o psicólogo José Luis Rodríguez-Arias e a xornalista Rosa Mª Calaf Solé.
Os Colexios Profesionais de Psicoloxía e Xornalismo de Galicia entendemos como básico o compromiso ético das nosas intervencións profesionais, especialmente cando tratamos con feitos ou procesos que colocan os seus e as súas protagonistas en situación de vulnerabilidade.
A colaboración entre os Colexios Profesionais de Psicoloxía e Xornalismo quere constituír unha chamada de atención sobre as eivas que detectamos con frecuencia na elaboración de noticias, especialmente nas informacións relacionadas co sufrimento humano. Son carencias que, moitas veces, non respectan o dereito á intimidade e á propia imaxe das vítimas e que, moitas outras, acaban por incrementar a súa dor.
Programa [ver pdf]