Atención psicolóxica de persoas desprazadas dende Ucraína

Dende o 30 de marzo o GIPCE está participando no dispositivo de atención sanitaria á poboación refuxiada procedente de Ucraína que se está levando a cabo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Este dispositivo está sendo organizado desde a Consellería de Sanidade e ten como obxectivo promover e mellorar a saúde dos/das desprazados/as a Galicia dende Ucraína, así como previr e detectar enfermidade.

Nesta encomenda, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias ten como labor dar apoio psicolóxico temprano e identificar procesos que precisen dunha atención especializada e/ou dun seguimento posterior.

Debuxos realizados polos nenos e nenas desprazados de Ucraína
Nenos/as de Ucraína debuxando
Chaleco do GIPCE co saludo en ucraniano