Colaboración coa Fundación Preven A.C. e Femacpe Salud de México

Durante os meses de maio e xuño a coordinadora do GIPCE Ana Mª Núñez Rubines impartiu o curso "Primeiros Auxilios Psicolóxicos en crises humanitarias" organizado pola Fundación Preven A.C. e Femacpe Salud de México. Esta actividade levouse a cabo en formato teleformación a través de catro módulos e contou coa asistencia de 40 profesionais da psicoloxía de México interesados no campo da Psicoloxía de emerxencias. Os módulos impartidos abordaron: o papel do profesional da Psicoloxía de Emerxencias, bases dos primeiros auxilios psicolóxicos, actuación do profesional da Psicoloxía de Emerxencias ante diversas situacións de crise e o autocoidado como ferramenta para a intervención en emerxencias.